11/03/12

Concerto do Día do Pai

O Domingo día 18 de de Marzo a Banda de Música de Vilagarcía ofrecerá un concerto no Auditorio de Vilagarcía, as 21:00 como homenaxe particular do Día do Pai. Neste concerto a banda interpretara, entre outras, unha obra para clarinete e banda reducida, conJuan José López como clarinete solista e unha obra para trompeta solista e banda, con Alberto Calvo como trompeta solista, sendo ambos integrantes da citada banda. Para este concerto poranse á venda as entradas, do coste de 3€, dende 2 horas antes de que comece o concerto.

01/02/12

Nacemento do terceiro Nogueira-Novoa

Onte naceu Iago, terceiro fillo da unión entre Suso Nogueira, o noso director, e Marta Novoa. Dende aquí queremos darlle a Noraboa. Por este motivo, o vindeiro Venres día 3 non haberá ensaio, sendo o próximo ensaio o día Venres 17.

22/12/11

Concerto de Fin de Ano

Como de costume por estas datas, a Banda de Vilagarcía está a preparar o concerto de fin de ano ao que nos ten acostumados. Nesta edición, ademáis das obras da familia Strauss típicas destes concertos, a Banda ten preparada unha pequena sorpresa, coa colaboración do Coro da Escola de Música de Vilagarcía. O citado concerto terá lugar o vindeiro día 30 ás 21.00 no Auditorio de Vilagarcía.

Bo Nadal e próspero aninovo.

08/10/2011

Curso de Dirección

O vindeiro mércores día 12, dará comezo o I Curso de Dirección de Banda, da Banda de Música Vilagarcía, no que contaremos co director José R. Pascual-Vilaplana como profesor. Este curso finalizara o sábado día 15 co concerto de clausura, ofrecido pola Banda de Vilagarcía e coa colaboración do xa mencionado José R. Pascual-Vilaplana como director invitado.

09/04/2011

Concertos por Galiza

Nun intento por mellorar musicalmente e por ampliar os seus horizontes, a banda de vilagarcia disponse a levar a cabo tres concertos por Galiza. O primeiro deles terá lugar o dia 9 de abril en Silleda, as 9 da noite no "Auditorio de la Semana Verde". Os outros dous concertos terán lugar o día 24 en Meaño e o dia 30 en Lalín. Esperamos vervos alí disfutando tanto da nosa música como da das bandas convidadas aos certames que terán lugar nas xa mencionadas cidades.

28/10/2010

Concerto Fin de Ano

Igual que o ano pasado, a Banda de Música de Vilagarcía ofrecera un concerto para despedir o ano 2010 e dar a benvida o ano 2011. O concerto terá lugar o vindeiro día 30, as 21.00 no Auditorio de Vilagarcía, con entrada libre. A banda interpretara algunhas obras da familia Strauss e algunha outra peza.

Bó Nadal e prospero Aninovo.

11/10/2010

Concertos de Inverno

Como todos os invernos, e por dous motivos ven importates, a Banda de Música xa deu comenzo aos ensaios previos, o de Santa Cecilia que será o vindeiro domingo 13 de novembro, donde se fará extrea de diversas obras, e como non o concerto de Fin de Ano, que neste caso, previsto para o xoves día 30 de decembro.

06/08/2010

Concerto de Cines "Recordando aos nosos cines"

A Banda de Música quere recordarlles que o vindeiro mércores día 18, tera lugar no Escenario da Alameda un concerto moi especial, que non é outro, que música de cine, bandas sonoras que para moitos serán de sobra coñecidas, e como non coas súas imaxes.

Dende o seo da banda queremos que disfruten destas Festas San Roque 2010, e non perdan oportunidade de ver esta a posta en escena da nosa banda, que como non pode ser de outra maneira, vestirá a súas mellores galas.

Iº Curso Instrumental Cidade de Vilagarcía

A vindeira semana terá lugar no Auditorio Municipal de Vilagarcía o Iº Curso Instrumental Cidade de Vilagarcía, organizado pola Banda de Música de Vilagarcía, donde contaremos coa presencia dos seguintes profesores:

Flauta

André Cebrián (Gustav Mahler Jugendorchester)

Clarinete

Frco. Javier Vidal Suárez (Banda Municipal de A Coruña)

Saxo

Roberto Somoza (Conservatorio Superior de A Coruña)

Trompeta

Esteban Batallán (Orquestra Ciudad de Granada)

Trombón

Antonio Caneda Zamar (Conservatorio Profesional de Ourense)

Percusión

José Antonio Trigueros (Orquestra Sinfónica de Galicia)

Datas do curso
Frauta: Do 22 ao 24 de xullo
Clarinete, Saxo, Trompeta, Trombón e Percusión: Do 21 ao 24 de xullo
Horario do curso: De mércores a sábado de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 21:00h

Taxas de Matrícula:
Alumnos activos de (Clarinete, Saxo, Trompeta, Trombón e Percusión): 120,00€
- Alumnos activos de Frauta: 100,00€
- Alumnos ointes de (Clarinete, Saxo, Trompeta, Trombón e Percusión): 50,00€
- Alumnos ointes de Frauta: 40,00€

Datos Bancarios:
O ingreso poderase facer en calquera oficina de Caixanova ao número de conta seguinte: 2080-0067-26-0040042841, donde terán que facer constar o nome d@ alumn@ que solicita praza, a asignatura e tamén se é activo ou ointe.
Unha vez realizado o pago o importe das taxas non se delvoverá a non ser por causa de forza maior e previa xustificación e sempre antes do comenzo do curso.

Datos de envío:
Padroado Banda de Música de Vilagarcía de Arousa
Iº Curso Instrumestal Cidade de Vilagarcía
Apartado de correos nº 22, c.p. 36600
Vilagarcía de Arousa-Pontevedra
Para todos os interesados no Iº Curso Instrumental Cidade de Vilagarcía organizado pola Banda de Música de Vilagarcía poden escribir a seguinte dirección de correo eléctronico: bandademusica@vilagarcia.es

Presentación do curso
Mércores 21 de xullo ás 10:00h na Sala Principal no Auditorio Municipal

 ANUNCIOS

Se Vende Batería Eléctrica TD90 Precio 350,00€

Se vende ecualizador LEEM 31 Bandas x canal (stero) 1/3 octava, resposta de frecuencia: 20 HZ -20 KHZ, volumen máximo de saida: +21DB, corte de frecuencia baixos 40HZ, EQ/BY PASS SWITCHABLE. Precio: 70,00€

Se vende Bombardino Rott (plateado) en buen estado. Precio: 600,00€. Pago por ancicipado más gastos (imagen en Inicio Fotos Banda)

Se vende Sintetizador Yamaha MO8 de 88 teclas, muy poco uso. Precio :1.100,00€ (imagen en Inicio Fotos Banda)

  AVISOS

Banda de Música

Non hai avisos